Na Sociedade Deportiva As Xubias somos unha entidade deportiva naútica, sen ánimo de lucro, que se adica a práctica do Remo e Piragüismo.
Durante todo o ano temos aberta a Escola, ademais dos cursos de iniciación na Semana Santa, Verán y Nadal.
Ademais contamos con equipo de competición, asistindo as regatas nacionais, rexionais, provinciais e tamén populares.
Contamos con varios proxectos e programas con a finalide última da práctica do deporte, tanto a nivel lúdico como competitivo, enfocados a calquera idade e colectivo.