AS ORIXES
O piragüismo e o remo afunden a súas raíces no pasado máis remoto da humanidade. A necesidade de transportarse por
auga, quer por ríos ou lagos, quer polo mar tivo que ser respondida, e así nacen estes medios de navegación baseados na forza do propio tripulante.
Coma deporte, é sabido que no antigo Exipto xa se facían competicións no Río Nilo. O piragüismo é olímpico desde
1936.
A comezos do S.XX prodúcese a chegada do remo de banco fixo á Galiza no ámbito deportivo. O mesmo é practicado no
Norte da Península Ibérica, alcanzando a súa maior popularidade en Euskadi.
Tamén en Asturias e Cantabria alcanza certa consideración. Adoitaban ser regatas de festas populares dos pobos.
As regatas de San Fidel 1882, tradición que foi
morrendo en Carril (1)
Os mariñeiros do barrio das Xubias comezan a partir de 1904 a remar como Cofraría de Pescadores das Xubias, xerme da
futura SD As Xubias. Tamén participan formando a práctica totalidade das tripulacións da Sala Clavet, Neptuno de Sta. Lucía, Liceo de Monelos, Gremio de Artesanos...
Prodúcese a explosión do remo de banco fixo, co nacemento das chamadas “Regatas de Traineras del Generalísimo”.
Aparecen numerosos clubs: Portiño, S. Amaro, C.P. de Mera, CP de Sada, CP de Ferrol, Moaña, Meira...
Nace a nosa entidade, como “Educación y Descanso de Las Jubias”, que tomará o nome SD As Xubias cando ao final do
franquismo se recoñeza o dereito de asociación. Os mariñeiros das Xubias, ademais de baixo esta bandeira, compiten coa Cofraría de Pescadores.
Os documentos que testemuñan a nosa aparición non se conservan, con que non se coñece a data exacta. Con todo, temos
connosco fichas federativas dos anos 50, polo que como mínimo existimos desde eses tempos.
Durante esta década, a E y D de Las Jubias raia a un alto nivel, até o punto de chegar a ser subcampións de España en
batel.
Batel no "Retiro" de Madrid
Hai unha decadencia xeral do remo de banco fixo. Na Galiza, só sobrevivimos nós e a “E y D Moaña”.
O remo recupera a súa anterior vitalidade durante esta década, aparecendo numerosas entidades que se dedican a
el.
Nós, E y D de Las Jubias, somos Campións Galegos de traíñas (en 1973 e 1974 as dúas derradeiras veces) e tamén de
bateis en numerosas ocasións (en 1977 e 1978 as dúas últimas), o que nos converte en claros dominadores. Ademais, en 1975 somos cuartos no Campionato de España de bateis.