25/12/2016
Asinado o convenio financiado pola Fundación Emalcsa xunto con outras 25 entidades deportivas.
Mais información no apartado correspondente a Fundación EMALCSA da nosa web.
O domingo 28 de Agosto a partir das 10:00 da mañá, na Praia de Oza, a Sociedade Deportiva As Xubias organiza a XXXIII TRAVESÍA RÍA DÁ PASAXE DE PIRAGÜISMO e a IV LIGA PROVINCIAL DA CORUÑA onde se reunirán preto de 300 padeeiros de diferentes clubs da provincia da Coruña.
Por vez primeira realizaremos unha regata adaptada (con padeeiros con discapacidade do programa Esfuera da Fundación María José Jove))
Máis información nos seguintes arhivos.
Os nosos deportistas tiveron este fin de semana en Lugo na III Regata da liga galega, unha boa recompensa ao traballo realizado e onde todos conseguimos os obxectivos previstos
O primeiro dos nosos padeeiros en competir foi Roi Lorenzo Outeiros, que facia unha fantástica carreira e finalizaba nun moi bo posto 13 na categoría Alevín A. Avanzaba
a mañá e o tempo acompañaba aos nosos padeeiros e agora era a quenda dos infantís B, onde tamén conseguiamos que Rafael Neves Codesal e Xoel Lorenzo Outeiros conseguían acabar en control cun posto 39
e un 29 respectivamente
Por último para finalizar o campionato chegaba a quenda dos Infantís A, e con eles a guinda do pastel. Primeiro destacar o "carreirón" do noso padeeiro Iván Camiño Quiejo, quen a pesar de non poder chegar aos dous primeiro que se escaparon de inicio, acabou 8 o cal é unha proba máis de traballo e constancia dos nosos mozos. Os demais infantís A, tamén acabaron contentos co resultado sobre todo despois de ter todo tipo de lances na saída da proba, Martin Gaiteiro Campos acababa no posto 30, Jose Gómez Fernández no posto 37 e David Otero Cayado no posto 41.
Os piragüistas da categoría infantil da Sociedade Deportiva As Xubias, competiron o sábado na 2ª Regata da liga Galega.
Nesta modalidade competían os padeeiros Rafael Neves, Jose Gómez, Iván Camino, David Otero e Martín Gaiteiro conseguindo todos unha boa puntuación para o club así como remataron en moi boas posicións destacando o posto nº 18 do noso infantil Ivan.
I Xornada Deportiva e Día Internacional das Mulleres
Con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres, e co obxectivo de promover a súa participación no ámbito deportivo, este ano o Servizo Municipal de Deportes en colaboración coa Concellería de Igualdade e Diversidade, e a Sociedade Deportiva As Xubias "Escola de Piragüismo", quixo potenciar e promover o piragüismo nunha xornada de portas abertas que se vai celebrar o domingo 13 de Marzo a partir das 11:30 nas instalacións do club de piragüismo situado ao final da praia de Oza.
Animamos a todas as mulleres que queiran participar desta xornada divertida que se acheguen a coñecer un novo deporte en contacto coa natureza e aproveitando que teremos un domingo de primavera.
O domingo 17 de Xaneiro celebrouse en Cabanas a primeira competición do ano. Acudimos esa mañá con 21 participantes de distintas
categorías desde Benjamín ata Veteranos. O control de 8000m para as categorías senior, xuvenil, cadete e veterano onde os deportistas puideron ver como levan a preparación da tempada que está a
piques de empezar.
Esta competición conta tamén cunha regata para as categorías infantil e alevín de carácter amigable.